A Cooperativa de Lago


A Acta fundacional da Cooperativa ten data do 26 de Maio de 1963, tiña por entonces o nome de “Cooperativa de Productores del Campo de Santiago de Lago”.
  Na mesma data solicitouse o Ministerio de Traballo a súa inscrición  e  a aprobación dos seus estatutos. Naceu coma cooperativa agraria con tres seccións: Sección de producción, Sección de Crédito, e Sección de mutua de gando,  e tiña como obxecto social a defensa dos intereses morais, profesionais  e económicos da xente do campo.

Moitos recordarán uns comezos difíciles, cando se tiña que descargar o abono e almacenalo no baixo do palco da festa, ou cando os socios puxeron 5.000 ptas para mercar o primeiro tractor, marca Ebro, que custou 235.000 ptas. A primeira cartilla de aforro, abriuse con 1.000 ptas, ala polo ano 1966, e tamén desas datas foi o primeiro crédito, 30.000 ptas, posteriormente fóronse depositando e prestando cantidades maiores  e a actividade financeira consolidouse como o motor económico da cooperativa.

E esa semente tan pequena foi medrando, foise poñendo a servicio dos socios un amplo parque de maquinaria, construíuse un almacén, organizase a recollida do leite, este foi un momento crucial na nosa historia, pois unha entidade determinou, dun día para outro, deixar de recoller o leite os veciños de Lago, nese momento, a Cooperativa asume o compromiso de comercializar, en común, a producción dos socios, pasando a sela primeira en realizar un planeamento cooperativista na venta do leite,  como cooperativa fixemos socios da central leiteira  “Leyma, e así, quedou resolto o problema.
Participamos na evolución  das explotacións leiteiras daqueles tempos e apoiamos a introducción de melloras que logo iríanse xeneralizando por toda a comarca, como a introducción de gando selecto, o cultivo de maínzos híbridos, as praderías artificiais, o “ fundir as cortes”,  o ensilado, eran naqueles tempos símbolos de que, na nosa parroquia, e na Cooperativa,  había un elevado grado progresista.

Nos anos sesenta implicámonos na realización da Concentración Parcelaria das terras e agora participamos tamén na dos montes.

 No ano 1973, constituímos, con outras cooperativas da zona, unha cooperativa de 2º grao, “Copagro” dedicada a fabricación de penso que nós comercializamos.

Colaboramos coas demais entidades veciñais (A.VV, Asociación Recreativa e Cultural)  e co Concello de Valdoviño, para ofrecer os nosos veciños instalacións deportivas e de ocio, (o terreo da piscina foi doado por nós o Concello).

 Pouco a pouco fómonos modernizando, no ano 1990 informatízase a Sección de Crédito,  e no ano 1993  construíuse o edificio actual con un ampla zona de ventas, oficinas, despacho e salón de actos, informatízanse as  Seccións de Almacén e Maquinaria. No ano 1997 refórmase o antigo edificio e transformase nun taller mecánico.

Continuamente, dende o inicio da nosa historia, tivémonos que ir adaptando ós  tempos e ás  necesidades dos socios; agora, nos primeiros anos do novo milenio, a agricultura e a gandería xa non son básicas na economía das xentes parroquia, polo tanto vímonos na obriga de transformar o noso obxecto social e reformar os nosos estatutos. O 10 de Outubro do 2008 aprobáronse novos estatutos e pasámonos a chamar “Cooperativa de Lago-Valdoviño de Consumidores e Usuarios. S.C.G.”, modificamos  e ampliamos, de novo, a zona de ventas para transformala nun Supermercado, luminoso e ben organizado, e a Sección de Maquinaria suprimiuse, aínda que o servicio séguese prestando.

 Esperamos que os nosos veciños sigan confiando en nos, pois a nosa vocación de servicio a comunidade é a mesma que a de hai 46 anos, e, a igual que Don Joaquin  , esperamos, tamén nós, ter relevo nas futuras xeracións desta parroquia.

   
  Horario de apertura
   
Sección de Crédito
  Luns - Venres
  Mañan 9:30 - 13:30
  Tarde   16:00 - 19:00
  Sabado
  Mañan 9:30 - 13:30
   
Supermercado
  Luns - Sabado
  9:00 - 21:00

 

©2010 Cooperativa de Lago :: info@cooperativadelago.es :: Aviso Legal